domingo, 21 de junio de 2015

Excursión a Portugal

Esta excursión fíxose polo proxecto E-twining, "Comparte xeometría 3D", que desenvolvemos en conxunto cos nosos compañeiros portugueses.

Primeiro día:

Saímos de Monforte para Portugal pola mañá, ás nove menos cuarto. Chegamos a Oporto sobre as doce e media, a unha na hora portuquesa, e estivemos comendo nun parque uns bocadillos que levavamos da casa logo, estivemos quitando fotos e xogando hasta que chego a hora de ir ver a librería Lello e irmao; tiñamos que entrar por quendas 15 primeiro e 15 porque había moitos turistas.
Logo, cando acabamos ou primeiro grupo fomos ver o museo dás matemáticas, onde nos ensinaron unha sala chea de figuras con simetrías. Aprendemos moito, e ao remate estivemos esperando para que chegaran os nosos amigos de Portugal.
Cando chegaron os potugueses foron ver o museo mentras nós iamos ver a torre dos Clérigos. E logo intercambiamos os papeis, eles foron facer a visita dá torre. Mentras tanto nós estivemos comendo uns xeados e pasando o tempo. Mais tarde fomos ao albergue, repartimos as habitacións e saímos para fora para esperar a que chegasen os nosos compañeiros.
Eles ao chegar tamén repartiron as habitacións, mentras tanto nós estivemos xogando ao voley e ao fútbol e cando acabaron de repartir as habitacións viñeron xogar connosco. Cando xa era hora fomos cear. Despois de cear estivemos xuntos e Iago e Carla tocaron o violín e a gaita, estivemos bailando e nós levámoslle uns pequenos detalles, nese momento levamos unhas camisetas do noso instituto para eles e fixémoslle a nosa torre da homenaxe coa impresora 3d. Gústolles moito e ao final do dia !!!XA ERAMOS TODOS AMIGOS !! Démonos as boas noites e a durmir !!!

Segundo día:

Pola mañán erguémonos ás 8:00 para almorzar, tivemos tempo libre para relacionrnos cos nosos compañeiros, máis tarde fixemos unha actividade que consistía en facer unha torre o máis alta posible con espaguetis, cinta adhesiva e fio, que suxeitara unha nube de golosina. Logo tivemos de novo tempo libre para disfrutar do albergue xogando ao fútbol ao volei e outros xogos. Fomos comer, e descansar para depois poder disfrutar das visitas por Portugal.
Sobre as 4:00 partimos vara a praia de Ovar, onde poidemos disfrutar das grandes olas e da preciosa paisaxe. Tamén fomos visitar os aredores da praia, vendo os chiringos e indo a merendar.
As 7:00 voltamos ao albergue, e alí organizámonos para facer xogos relacionados coas matemáticas, concretamente o xogo de formar números.
Máis tarde fomos a comer, e cando acabamos deixáronnos tempo libre. Aproveitamos para compartir cos compañeiros portugueses as nosas aficcións e coñecernos mellor.

Terceiro día:

Levantámonos as 8:00 para almorzar e as nove despedímonos dos Portugueses.
Ás 10 partimos cara Guimaraes onde vimos o Castelo, a Igrexa de Sao Miguel do Castelo, O Paço dos Duques de Braganta, A Rúa Santa María, e o centro histórico.
Sobre as 12 comimos algo nunha praza de Guimaraes onde nos deixaron tempo libre.
Antes de marchar cara Braga, sobre as dúas, comemos nun centro comercial no telepizza e nos deixaron un pouco de tempo libre para comprar algunhas cousas (recordos).
Despois de comer marchamos cara Braga onde vimos: A praza da república, a casa dos crivos, a Igrexa de Sta Cruz, a catedral, o Pazo Episcopal, o Arco da Porta Nova, o Museo dos Biscainhos, e o Bon Xesús.
Despois voltamos no autobús onde escoitamos o partido do Barça pola radio ata chegar a Monforte.

Iago, Roberto y Saray